15 de mayo de 2014

ADÉRITO E MIGUELL NO SEU TRABALLO

           No programa " O Agro "         
 
da tvg poidemos ver unha reportaxe sobre as labores que se están levando a cabo na Granxa O Cancelo,
e nestas que saen Adérito e Miguel...

8 de mayo de 2014

PRESENTÁNDONOS...

PCPI

Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa.
Diríxense ao alumnado maior de quince anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, para os cales se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria e co fin de que alcancen competencias profesionais de nivel 1, así como a posibilidade dunha inserción socio-laboral satisfactoria e a ampliación das súas competencias básicas para proseguiren estudos nas diferentes ensinanzas.
Os PCPI Teñen unha duración de dous cursos académicos e poderán cursarse a través de distintas modalidades.
Neste centro educativo combínanse a formación nas empresas polas mañás e as clases pola tarde ao longo de todo o curso.
Este ano participan sete empresas dos concellos de Vilarmaior e Miño. Recollemos algúns testimonios de cada un de nos.


O meu nome é Adriana e estou facendo un PCPI de hostalería, con prácticas no restaurante Garaba en Vilarmaior. Persoalmente estou bastante contenta co meu paso polo PCPI.
Xa levo 7 meses coas practica alí tirando cañas facendo cafés... e fai pouco empecei a levar o comedor eu soa. Aínda que aí días que meu xefe ten que marchar e el me di que teño os coñecementos suficientes para enfrentarme ao traballo se ninguén.
As prácticas vou pola maña de once a una e media e despois teño clase de catro a sete.
Nas clases estamos sacando a ESO e bastante fácil. Eu vou a presentarme o 4 de Xúnio as probas de acceso a grao medio. Realmente notei un gran avance nos meus resultados académicos e recuperei a ganas de estudar.”

O meu nome é Alejandro e estou facendo un PCPI de panadería. Fago as prácticas na empresa: Pan do Tres que é unha panadería situada no concello de Vilarmaior, na Feira do Tres. Empezo as 6:00 da madrugada e acabo as 9:00. Pásanseme bastante rápidas as tres horas debido a que coñezo a todos os compañeiros dende moi pequeno e hai confianza entre todos, sempre hai algo sobre o que falar. O bo de traballar de madrugada e que me deixa a mañá libre e podo facer o que me apeteza durante ese tempo. Estou bastante contento en xeral co PCPI, tanto ca empresa como nas clases de pola tarde (16:00-19:00) Sempre fun bastante vago, sobre todo dende que comecei a ESO pero estas clases ao ser cortas e doadas non me parecen tan aburridas. Eu non me vou poder presentar á proba de Xullo por idade pero penso que se puidese ir podería aprobala.”

Somos Adérito e Miguel. Empezamos un programa de cualificación profesional en Granxa O Cancelo, Bemantes, Miño. Compartimos empresa, pero sempre imos a traballar en turnos diferentes, así prestamos máis atención a todo o que temos que aprender. Estamos contentos e esforzándonos para aproveitar moito este ano.”

O meu nome é Alejandro Vázquez Pereira e estou facendo un PCPI de mecánica no taller López Golpe. A empresa vou de 9 da maña a 12 e media e polas tardes vou a clase de 4 a 7.
Estou estudando as probas de de acceso a grao medio.
Sempre fun un pouco bago pero o PCPI me abriu un novo camiño para poder estudar o que a min de verdade me gusta.”

Ola, son Ita e vou empezar nun programa de cualificación profesional na perruquería Merchy Barros. Teño quince anos. Levo moito tempo sen estudar e este curso combino estudos e formación profesional. A perruquería é algo que nace no meu sangue e, por ese motivo, quero intentalo. Merece a pena que o meu tempo o adique a esto e non a outras cousas.”


Eu son Damián . Estou no PCPI de Xardiñaría e Viveirismo nunha empresa da miña localidade chamada Vázquez Garzón. Para min esta é unha oportunidade moi interesante de combinar estudo e traballo , e espero aproveitar un montón de coñecementos, tanto do oficio como escolares. Comparto tarefas nesta empresa cos meus compañeiros de PCPI Martín e Dani.

Eu son Dani e aquí vou contar as miñas experiencias en xardiñeria. A verdade e que é unha profesión bastante agradable,dentro do que me imaxinaba. O tempo pasa muoi rápido porque cando estás traballando solo estás atento a iso. O que me gusta mucho é traballar coa natureza polas mañás, có son de paxaros de fondo.”
Queremos amosar, tamén, algunhas das actividades que fixemos este curso no colexio: presentación do Festival de panxoliñas, acudimos a ver Los Miserables (musical) a Vigo, Cursos deManipulador de Alimentos, Curso de Prevención de Riscos Laborais, Curso de Primeiros Auxilios..., e isto ainda non rematou!